CRTVG

Buscar

Bos días

O audiovisual galego despide a Eresto Chao, falecido onte en Santiago

Publicado o 07/08/2018 09:08

O audiovisual galego está de loito polo pasamento de Ernesto Chao, que faleceu onte en Santiago. Familiares e amigos, entre eles moitos actores e actrices galegos, achéganse ata o tanatorio de Boisaca para despedir un dos nosos actores máis prolíficos, que deu vida a personaxes tan carismáticos como Miro Pereira, da serie 'Pratos combinados'.

Familiares, amigos e sobre todo moitos compañeiros, actores e actrices galegas desfilan sen descanso polo tanatorio de Boisaca, en Santiago. Os que traballaron con Ernesto Chao desde os comezos lémbrano como unha persoa optimista.

Tanto os actores máis veteranos como as novas xeracións, recoñecen a Chao como un referente indispensable para a profesión.

Chao é xa un dos grandes nomes do teatro galego. Poucos actores conseguiron entrar no imaxinario colectivo dun país, como el o fixo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

07/08/2018