O atletismo galego réndelle unha merecida homenaxe a Alejandro Gómez
Publicado o 11/07/2020 21:50
Entrou na súa homenaxe coa dignidade propia dos grandes atletas, acompañado de Paula, outra grande do atletismo e da vida. E fixo o que fan os mellores nos momentos máis difíciles: sacou forzas para unhas palabras de agradecemento aos presentes.
Tres xogos olímpicos, europeos, marcas nacionais de maratón e medio maratón... Na homenaxe desta tarde en Vigo o que se palpaba era un agarimo enorme pola persoa, moi por riba do grande atleta que foi.
Nunha carreira chea de éxitos, 21 anos nos que non faltou a ningunha cita a nivel mundial, Alejandro quere ser recordado como o galgo de Zamáns, o rapaz que fixo do parque de Castrelos a súa casa e que agora está chegando á liña de meta rodeado da xente que o quere.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 13:21
22/01/2021 13:19