O Atlético poñerá a proba o nivel do Celta
Publicado o 20/09/2019 16:50
Tras o accidente ante o Granada, o Celta retoma mañá a competición ligueira no Metropolitano. Partido de máxima esixencia, ante un Atlético de Madrid que acaba de perder coa R. Sociedade e de empatar coa Juventus. Rafinha e Okay son as grandes novidades na convocatoria. Caeu da mesma o Toro Fernández, por mor dun proceso gripal.
O de mañá será o segundo partido do Celta a domicilio. No Pizjuán logrou un valioso empate. Agora visita o Atlético, un dos grandes da liga. E todo nunha semana intensa, con 3 partidos en sete días. Non obstante, iso non lle preocupa a Fran Escribá: "Estou tranquilo porque o equipo vai responder".