CRTVG

Buscar

O Atlético logra unha valiosa vitoria contra o Liverpool (1-0)

Publicado o 18/02/2020 22:51
O Atlético logra unha valiosa vitoria contra o Liverpool (1-0)

O Atlético de Madrid adiantouse nos oitavos de final da Liga de Campións ao campión de Europa, o Liverpool inglés, cun 1-0 no Wanda Metropolitano. O gol, de Saúl Ñíguez no minuto catro do partido, permítelle viaxar con vantaxe á volta do 11 de marzo en Anfield Road.

O tanto de Saúl, que aproveitou un balón perdido tras un saque de esquina para adiantar o seu equipo, valeulle ao Atlético ata o final, aínda que Álvaro Morata tivo unha ocasión clara en cada parte e o francés Thomas Lemar fallou un man a man. Un remate do exipcio Mohamed Salah que desviou o brasileiro Felipe, e un remate de Jordan Henderson, alto, foron as opcións do Liverpool.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí