CRTVG

Buscar

O Vilalbés queda apeado da loita por subir a Segunda B

Publicado o 11/06/2018 09:56

Terminou unha sensacional temporada para o Rácing Vilalbés. Caeu na penúltima eliminatoria de ascenso a segunda B.

O potente filial do Levante eliminou o conxunto galego logo dunha eliminatoria moi igualada. Tras o empate a un da ida na Madalena, a volta esta mañá na Cidade Deportiva de Buñol terminou con vantaxe local por un gol a cero, tanto de Álex Cortell no minuto 82. Acabou así o soño do Rácing Vilalbés.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2018