CRTVG

Buscar

O Atlético Guardés perde na prórroga co Valladolid e queda fóra da Copa

Publicado o 03/09/2020 18:11

O BM Aula Cultural de Valladolid converteuse no segundo equipo que se clasificou para as semifinais da Copa da Raíña despois de impoñerse nun partido resolto na prórroga ao Atlético Guardés, por 34-31, despois de acabar os 60 minutos regulamentarios con igualada a 27. 

As pucelanas dominaron o primeiro tempo ata os instantes finais con vantaxes de 2 e 3 goles, aínda que na recta decisiva o Atlético Guardés empatou a 11, marcador co que terminaron os primeiros 30 minutos. Na continuación, o conxunto galego mellorou en defensa e en ataque e logrou en varias ocasiones vantaxes dun tanto e mesmo de catro goles (21-25), aínda que nos últimos minutos un parcial de 6-2 deixou o empate a 27 que forzou a prórroga. No tempo suplementario de 5 minutos cada período, o BM Aula Cultural de Valladolid mostrouse máis enteiro e culminou a súa remonta co 34-31 final

 

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

03/09/2020