CRTVG

Buscar

O Atlético e o Real Madrid buscan seguir o ronsel do Barcelona

Publicado o 02/11/2019 13:38

O Atlético aspira a seguir o ronsel do Barcelona, a seguir enganchado á loita pola liga. Para iso precisa un bo resultado ante o Sevilla no Pizjuán. Ambos os dous comezan a xornada empatados a puntos, 20, a dous dos culés. E Simeone repetirá a parella de ataque dos últimos encontros, con Correa asistindo e Morata marcando.

"Busco, en canto ao emocional, xogadores que estean na súa mellor versión para poder render nos momentos que atravesan cada un deles porque o campo transmíteme o que o equipo precisa", explicou o adestrador do Atlético de Madrid, o Cholo Simeone.

O que precisa o Real Madrid é continuidade, regularidade. Zidane repetiu once titular dous partidos consecutivos, ante o Galatasaray e o Leganés, pero salienta que conta con todo o seu cadro de xogadores.

"Non teño, como se di, un plan A, B ou C... cada tres días teño que facer un equipo, formar un grupo e teño que deixar fóra xogadores e iso é o que me molesta máis", recoñeceu Zinedine Zidane.

Se gaña o Real Madrid, enlazará tres vitorias consecutivas, algo que non acada dende marzo... e deixará a Rubi moi tocado no banco do Betis.
 

Noticias web

02/11/2019