CRTVG

Buscar

O Atlético e o Barça xogarán tres puntos vitais no Metroplitano

Publicado o 30/11/2019 19:25

O triunfo do Real Madrid obriga e moito ao Atlético e o Barça. O encontro de mañá vai ter moita trascendencia para dous equipos con dúbidas. Será o día da volta de Griezmann ao Metropolitano. Simeone dixo que a historia e os números falan por sí sós. E non quixo engadir nada dun futbolista que non é xogador do Atlético. Mentres, Valverde entende que será un partido emotivo para él por moitas razóns, pero tamén con moitos alicientes.

Alicientes para Griezmann e para un Barça con moito a mellorar lonxe do Camp Nou. Cuestionado sobre este asunto, Simeone ofreceu a súa particular visión. "Ante os grandes escenarios ten reaccións diferentes a escenarios que eles entenden que son diferentes. E cando atopan diferentes escenarios compórtanse doutro xeito que naqueles escenarios nos que non se comportan tan ben"

Valverde tamén tivo o seu momento na rolda de prensa, cando se lle preguntou polo documental estreado esta semana e a ausencia do técnico e os xogadores na presentación do mesmo.  "Cando te invitan podes ir ou podes non ir. E ademáis, parece un interrogatorio. Non, non fun, qué pasa? Non o vin e tampouco quero que no expliquen. Se non o vin é por algo. Non quere que veñan a explicarme nada. Para iso, vexo a película"


Para película, a de mañá no Wanda. Moito en xogo para o Atlético e o Barça.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/11/2019