CRTVG

Buscar

O Atlético de Madrid ergue o título na Supercopa feminina

Publicado o 17/01/2021 14:45

O Atlético de Madrid foi outro equipo na Supercopa. Coa volta do adestrador José Luis Sánchez Vera, o conxunto madrileño non tivo nada que ver nesta competición co que ata agora marchaba dun xeito irregular no campionato de liga. Superado o obstáculo máis complicado, o do Barça na semifinal, o Atlético resolveu ante o Levante nunha gran primeira media hora de partido.

Axudoulle o erro da gardameta Paraluta na acción do primeiro tanto, no minuto 18. Un disparo frouxo de Deyna Castellanos acabou nas redes da portería do equipo valenciano, que acusou o golpe, e non foi quen de reaccionar nos intres posteriores. O Atlético aproveitou para sentenciar con dous goles coas mesmas protagonistas. Ludmilla correndo e asistindo, e Ajara aproveitando as accións da súa compañeira. Todo en 32 minutos de clara superioridade madrileña. Bastoulle co tres a cero a un Atlético que despois non tivo problemas para manter imbatida a súa portería.

A Supercopa feminina lucirá nas vitrinas do Wanda Metropolitano.

Noticias web

17/01/2021