CRTVG

Buscar

O Atlético de Madrid, eliminado da Copa polo Cornellá (1-0)

Publicado o 06/01/2021 19:53

A gran sorpresa desta rolda da Copa do Rei foi a eliminación do líder da Primeira División, o Atlético de Madrid, polo modesto Cornellá, da Segunda División B. 

O único gol do partido marcouno Adrián Jiménez no minuto 7 da primeira metade. Malia ter máis de oitenta minutos por diante do Atlético, foi incapaz de xerar perigo diante da porta do cadro catalán, que defendeu con seguridade. Media hora antes do final, o canteirán madrileño Rícard foi expulsado algo que fixo máis doado o control por parte do Cornellá.