CRTVG

Buscar

O Atleti B pasa por riba do Pontevedra en Pasarón (1-5)

Publicado o 06/10/2019 20:21

Ao de Pasarón esta xornada hai que facerlle unha foto, porque vai quedar para a historia como unha das derrotas máis contundentes da traxectoria recente do Pontevedra. Foi un deses días en que todo se torce rápido e o rival, que semellaba no inicio controlado, traza unha xogada que acumula rexeitamentos e desaxustes ata dar co gol. Foi no minuto 12 e o toque de Sanabria cazouno entre Pol e Álex, Poveda. Doce minutos despois chegaba o segundo. Unha mala saída do equipo, outro desaxuste e outro erro individual. Agora de Edu, na saída, que facilitou o remate de Óscar Clemente. E antes da media hora, o 0-3. Nunha acción do lateral Manu, tan eléctrico como pequeniño, que acabou tirando co grandullón Pol e servindo pra Poveda. Así marchou o partido ao descanso. Coa sensacion de que o Atleti o facía fácil polo moito que lle concedía o Pontevedra.

Á volta tentaron a miragre os granates, pero na primeira chegada volveuno castigar o Atleti. Churre arriscou e saíulle mal, Manuonduciu e Óscar Clemente aproveitou oi balón solto. Outro cúmulo de erros. De equipo e individual. E outro tanto visitante.

Mais se hai que poñerlle imaxe a esta derrota ningunha coma esta, a do quinto tanto. Un cesión de Mejía, e un erro do gardamenta Brian Jaén, substituto do mancado Edu. Poveda estirou a perna e encontrou a evidencia de que era o día, o día en que todo sae. Así foi para o Atleti. Así de desgraciado resultou para o Pontevedra.

Cando faltaban cinco minutos para o final, Javi López pechou o marcador co gol galego. Noutro tempo diriamos o da honra, mais hoxe pola facianas. Un gol que en nada alivia, nin reconforta. 1-5, perdeu o Pontevedra. E cambiou o lema. Afasten o Hai que Roelo, e subscriban o Hai que Esquecelo.

Noticias web

06/10/2019