CRTVG

Buscar

O atleta galego Alejandro Gómez sofre un tumor cerebral inoperable

Publicado o 16/06/2020 16:57

Hoxe almozamos coa noticia de que o atleta galego Alejandro Gómez sofre un tumor cerebral inoperable.

Alejandro Gómez ten 53 anos e está hospitalizado en Vigo. Sentiu mareos o pasado xoves, pasou polo hospital de Pontevedra e con urxencia foi trasladado ao Álvaro Cunqueiro.

É o mellor fondista galego da historia, varias veces campión de España de 10.000 m, de medio maratón e de cros. Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl 88, Barcelona 92 e Atlanta 96. 

Nos últimos anos dedicouse ao canicrós, unindo as dúas paixóns que tiña, o atletismo e os cans.

 

 

 

Noticias web

16/06/2020