CRTVG

Buscar

A policía identifica o autor do atentado terrorista da Ponte de Londres

Publicado o 30/11/2019 09:02

A policía identificou esta noite ao autor do atentado terrorista perpetrado preto da ponte de Londres. Trátase de Usman Khan, un mozo de 28 anos. Asasinou a dúas persoas e feriu de gravidade a outras tres cun coitelo de grandes dimensións antes de ser abatido polas forzas da orde.

Segundo un comunicado da policía londinense, o individuo era coñecido polas autoridades e xa fora condenado en 2012 por actos terroristas. Saiu do cárcere cun permiso en decembro pasado. A policía non busca a ningunha outra persoa relacionada con este novo atentado terrorista. No comunicado as autoridades recoméndanlle aos cidadáns que eviten algunhas zonas da capital británica nas que se incrementaron as patrullas.

Noticias web

30/11/2019