CRTVG

Buscar

O ascenso a primeira está entre o Xetafe e o Tenerife

Publicado o 19/06/2017 15:00

E no play-off de ascenso a 1ª , só quedan dous equipos. Xetafe e Tenerife pelexarán por unha praza. Onte o tenerife logrou o pase tras eliminar ao Cádiz na súa semifinal. Máis aló do partido subliñamos esta imaxe. Vexan como foron recibidos os afeccionados do Cádiz á sua chegada ao Heliorodro Rodríguez. Corredor e aplausos por parte dos seareiros canarios. Dúas afeccións animosas, polo antroido e polo fútbol. 

No terreo de xogo, o Cádiz chegou a este partido cun gol de vantaxe, unha vantaxe que o Tenerife logrou igualar grazas a este tanto do xaponés Gaku Shibasaki.  Elimiantoria igualada que favorecía ao Tenerife por acabar mellor na liga. O partido foi á prórroga pero aí tampouco houbo goles e iso que o Cádiz dispuxo das mellores ocasións para marcar. Pasou o Tenerife. O soño do ascenso do Cádiz deberá agardar outro ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2017