CRTVG

Buscar

O asasino da súa ex-parella en Denia será interrogado polo xuíz o xoves

Publicado o 22/10/2019 23:29

Está previsto que o home de 55 anos detido como presunto autor da degolación da súa ex-parella en Denia (Alacante) sexa interrogado polo xuíz o vindeiro xoves. Fontes da investigación informaron de que, aínda que nun principio se pensaba que sería posto a disposición xudicial ao longo do mércores, finalmente todo apunta a que irá ao xulgado de violencia sobre a muller de Denia ás 48 horas do arresto, o xoves.

O detido, que segue nos calabozos da comisaría de Denia, non podía achegarse a menos de 300 metros da súa ex-parella. Un xulgado de violencia sobre a muller emitiu a orde o pasado mes de febreiro, tras denuncialo por ameazas. A pasada noite, Román Chernov de 54 anos colleu unha escada de tres metros para chegar ao balcón da vivenda que a parella compartiu durantes seis meses. Entrou, díxolle á filla da vítima que chamase á policía e, cun coitelo de caniceiro que mercara o día anterior, degolouna. Chámase Helena Veslos, tiña 44 anos.

A policía cre que actuou con premeditación: "Berrar, á nena, que nos quere matar, que nos quere matar pero xa está". "Ela tiña medo, unha vez estaba detrás dela coche ou algo, ela sempre tiña medo".

Ademais da orde de afasrtamento, o agresor xa fora condenado en febreiro por dous delitos de violencia contra a muller e mais a filla, co atenuante de alcolemia. A sentenza non é firme porque a recorreu.

"Desde a sentenza condenatoria non había ningún contacto e todo estaba tanquilo", di o concelleiro.

"Creo que tiña un risco medio cos controis que marca a lei, que marca a policía pero do xeito que o fixo o criminal este é moi dificil podelo evitar", di o alcalde de Denia.

Tras este crime xa van 49 mulleres asasinadas en dez meses, unha máis que en todo o 2018. E hai tres casos de mulleres mortas esta fin de semana que se están investigando.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019