CRTVG

Buscar

A Policía británica considera un acto terrorista o asasinato do deputado David Amess

Publicado o 16/10/2021 08:41
A Policía británica considera un acto terrorista o asasinato do deputado David Amess

A Policía británica considera como incidente terrorista o asasinato do deputado conservador británico David Amess este venres na localidade de Leigh-on-Sea. O Comando Contra o Terrorismo vai dirixir a investigación.

Amess, de 69 anos, faleceu tras ser acoitelado durante un encontro con electores da súa circunscrición. Un varón de 25 anos foi arrestado no mesmo lugar do crime, no interior dunha igrexa metodista. Permanece nunha comisaría de Essex. A Policía pensa que o presunto asasino actuou pola súa conta.

Amess foi un dos defensores do brexit antes do referendo de 2016. Despois da votación defendeu que o Reino Unido marchase sen acordo con Bruxelas, cortando todos os lazos co mercado único.