CRTVG

Buscar

O Arquivo Diocesano de Santiago preserva dez séculos de historia

Publicado o 06/07/2021 16:11

Máis de 6 millos de documentos e dez séculos de historia están catalogados nas estanterías do Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela. Unha xoia que, lonxe de ser un depósito inmóbil de papeis eclesiásticos, responde cada ano a milleiros de cartas de persoas que buscan as súas orixes.

A comunidade da emigración é un dos colectivos que busca datos entre os cinco quilómetros de estanterías do Arquivo Histórico Diocesano de Santiago. Aqui está rexistrada a memoria de moitas xeracións.

Un equipo de 8 persoas traballa no arquivo. Os documentos pasan por un proceso de fumigado, de limpeza e de restauración. Un traballo minucioso como o de José Ignacio que lle devolve o alento e cada manuscrito. O documento máis antigo do arquivo é un Foro que data do ano 940. Pero o percorrido é incrible: bulas papais ou Privilexio Real do século 14 que conserva ata o selo de chumbo.

Seis millóns de expedientes. Dez séculos de memoria nos rexistros das 1055 parroquias da diocese que rexistraban bautizos, casamentos ou defuncións dos fregueses. Aquí están, por exemplo, os rexistros de ilustres como Rosalía de Castro, Castelao ou Emilia Pardo Bazán e calquera pode consultalos.



 

Noticias web

06/07/2021