CRTVG

Buscar

Manuel Gallego Jorreto, galardoado co Premio Nacional de Arquitectura

Publicado o 20/02/2019 14:35
Manuel Gallego Jorreto, galardoado co Premio Nacional de Arquitectura

Gallego Jorreto é autor dalgúns dos edificios máis emblemáticos construídos en Galicia, como a residencia oficial do presidente da Xunta.

O xurado, presidido por Rafael Moneo, Elías Torres Tur e José Antonio Martínez Lapeña, recoñece os máis de 50 anos de traxectoria profesional e segundo se explica no ditame "arquitectura comprometida coa súa Galicia natal, caracterizada por un diálogo honesto entre os materiais tradicionais, os oficios e a modernidade".

Tamén destacan "unha actitude sincera, respectuosa e, á vez, valente, que puxo a contorna, a paisaxe e o interese xeral por diante de calquera selo persoal". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí