CRTVG

Buscar

O arqueiro pontés Dani Castro, fóra na primeira eliminatoria

Publicado o 29/07/2021 07:54
O arqueiro pontés Dani Castro, fóra na primeira eliminatoria

O arqueiro pontés Dani Castro foi apeado da primeira eliminatoria por Chung Heng-Wei, da China Taipei. Comezou ben a tirada o galego, impoñéndose na primeira serie de frechas, pero o seu rival reaccionou e conseguiu rematar por diante nas seguintes tres tiradas para asinar un marcador final de 6-2.

Con 24 anos, era a primeira experiencia olímpica para Daniel Castro Barcala, que demostrou estar á altura dos mellores conseguindo a clasificación olímpica.