CRTVG

Buscar

O arqueiro Miguel Alvariño, con praza en Toquio, é obrigado pola súa Federación a pasar outro selectivo para ir aos Xogos

Publicado o 29/04/2020 21:30

En pleno confinamento e por sorpesa, Miguel Alvariño recibiu un correo da Federación Española de Tiro con Arco en que lle comunican que a súa praza para Toquio xa non lle pertence e ponse en xogo outra vez.

Miguel Alvariño, arqueiro olímpico: "Despois de recibir ese correo, como comprenderedes, non me sinto moi ben"

A Federación argumenta que ao pospoñerse os Xogos non se garante o estado de forma do deportista seleccionado. Recoñece que a praza lle foi as¡gnada a Alvariño, pero que se porá en marcha outro proceso de selección, sen máis detalles. Para o adestrador de Miguel Alvariño, esta decisión é arbitraria, inédita e inxusta.

Xaquín Mira, adestrador de Miguel Alvariño: "Estamos indefensos, non respecta as leis do deporte".

Con este criterio, o tiro con arco español actúa á marxe da Federación Internacional. Todos os demais deportes están respectando os atletas xa clasificados. O propio presidente do COE falou neste sentido

Alejandro Blanco, presidente do COE: "Aqueles deportistas que xa están clasificados, en boa lóxica teñen que ir aos Xogos"

Alvariño defenderá o seu dereito e seguirá loitando por unha medalla olímpica.
As alegacións están en marcha. Non descartan acudir ao Tribunal de Arbitraxe Deportiva ou pedir a mediación do Comité Olímpico Español.


 

Noticias web

29/04/2020