CRTVG

Buscar

O Arousa quere celebrar os seus 75 anos na 2ªB

Publicado o 16/07/2020 20:11

27 anos despois ao Arousa preséntaselle a oportunidade de xogar de novo polo ascenso á Segunda División B. "Soñar é de balde. Acórdome cando o Arousa subiu a Terceira. Xoguei co primeiro equipo e tocoume falar no concello. Lembro que dixera que pronto estariamos en Segunda B. Hoxe son o capitán do equipo e sería moi bonito", di Julio Rey.

Cun equipo veterano e con varios xogadores afeitos a disputar unha fase de ascenso, ao cadro técnico do Arousa preocúpalle a xestión das emocións: "Un partido que vai ter moita incertidume e moitas variables e, sobre todo para min, o que é máis importante: o equilibrio mental tanto na preparación como no propio partido e a xestión as situacións do momento van ser fundamentais".

O Arousa fará 75 anos a vindeira tempoarada. En Vilagarcía queren celebralo na categoría superior.

Noticias web

16/07/2020