O Arousa gaña pola mínima o primeiro derbi galego da Segunda Federación
Publicado o 04/09/2021 22:11
O Arousa fixo valer a súa condición de local e gañou o primeiro derbi galego da historia da Segunda Federación.
Marcou Ross no minuto 35 o único gol do partido que permitiu aos da Lomba levar os tres primeiros puntos da temporada.
O Arenteiro intentouno ata o final e incluso tivo unha gran ocasión no tempo engadido para poñer o empate, pero errou na definición e o marcador non se moveu.