CRTVG

Buscar

O Arenal Emevé perde en Palma en tres sets moi axustados

Publicado o 19/01/2020 12:43

O Arenal Emevé perdeu na pista do segunda clasificado da liga de voleibol, o Palma, por 3-0, aínda que o partido resultou moito máis disputado do que reflicte o marcador. Os tres sets resolvéronse pola mínima (28-26, 30-28, 25-22). A vindeira xornada o Emevé recibirá a outro dos equipos que marchan na zona alta da clasificación, o L'Illa Grau

Noticias web

19/01/2020