O Arenal Emevé festexa a permanencia e pensa xa no play-off
Publicado o 11/03/2021 22:07
O Arenal Emevé celebra a permanencia que certificou grazas ao resultado dun partido pendente entre terceiros. Un alivio para os lugueses, que agora non renuncian a máis: a oitava praza que ten o Rotogal e que dá dereito a xogar polo título. O derbi da primeira volta perdérono na casa. Agora van a Boiro sen ánimo de desquite pero coa intención de limparlle o posto.