O Arde Lucus reinvéntase polo coronavirus
O Arde Lucus reinvéntase para manter vivo o espírito desta festa, a pesar da pandemia do coronavirus. Será diferente porque a seguridade é prioritaria este ano. Por iso as actividades presenciais se reducen e se dispersan, converténdose nunha celebración máis virtual. Só unha representacion das asociacións que habitualmente participan sairán á rúa; aínda así, veremos as tropas romanas e as tribos castrexas en grupos máis reducidos e non faltarán as vodas celtas.
A homenaxe ás vítimas da covid-19 estará presente este ano en Lugo, onde moitos veciños engalanaron os seus balcóns e sairán vestidos á rúa como se viaxaran no tempo milleiros de anos. E é que queren manter a chama do Arde Lucus prendida coa esperanza de que o vindeiro volva ser a festa multitudinaria dos últimos dezanove anos.