CRTVG

Buscar

O Arde Lucus e o Oenach de Narón alíanse para irmandar as dúas festas celtas

Publicado o 22/07/2019 20:34

Os pobos de Lugo e Narón deixaron hoxe ben claras dúas cousas: que son uns festeiros e que queren potenciar, precisamente, as súas feltas celtas.

Por iso, as súas rexedoras e as asociacións celtas das dúas cidades quixeron facer hoxe unha irmandade: o Arde Lucus e o Oenach, que precisamente se celebra esta fin de semana en Narón.

Como bos celtas e amantes do sol, a irmandade selouse esta tarde, cando o sol esmechaba en Lugo.

Daquela foi que os celtas de Narón visitaron os de Lugo e intercambiaron agasallos, parabéns e o compromiso de participar nas festas das dúas cidades.

Se cadra, o Arde Lucus é unha festa máis grande, pero o Oenach, que se celebra dende hai 21 anos, é unha festa máis familiar. As alcaldesas das dúas cidades seguen con atención a cerimonia. Este acto é unha sinerxía, supón multiplicar.

Deste xeito, as dúas festas de interese turístico promocionaranse e axudaranse mutuamente. Un pacto entre castrexos que respectaron ata os romanos, xa que nin apareceron pola cerimonia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019