CRTVG

Buscar

O arcebispado de Santiago reparte 150.000 euros entre varias entidades solidarias galegas

Publicado o 02/06/2020 13:38

O arcebispado de Santiago reparte 150.000 euros entre varias entidades galegas que traballan na atención das persoas desfavorecidas.

As contribucións repartiranse entre as cociñas económicas de Santiago e A Coruña, a institución benéfica Padre Rubinos, o comedor franciscano de Pontevedra e Cáritas.

A atención ás necesidades sociais é unha prioridade nos presupostos diocesanos.

Noticias web

02/06/2020