CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

O apelido dunha familia galega deu nome a un dos parques arxentinos con máis sona

Publicado o 28/05/2017 21:27

Imos coñecer agora os Chas, unha familia de Betanzos cuxo apelido deu nome a unha morea de localidades na Arxentina; entre elas, unha das zonas en que está dividida a cidade de Bos Aires, o Barrio Parque Chas.

Palermo, La Boca ou San Telmo son algúns dos barrios mais coñecidos de Bos Aires, pero entre os 48 distritos que conforman a capital riopratense un deles foi impulsado por unha familia galega: os Chas.

O patriarca, Francisco Chas y Pombo, naceu en Betanzos e di a lenda familiar que fixo fortuna na Arxentina cun almacén situado en plena Praza de Maio.
O destino quixo que casase coa irmá do xeneral Belgrano, creador da bandeira nacional, e dende entón os Chas participaron activamente na historia do país austral.

Chegaron a ter unhas 100.000 hectáreas só na provincia de Bos Aires. Terras moitas delas bautizadas co apelido familiar, como o Barrio Parque Chas, da capital riopratense.

Un distrito a imaxe e semellanza da vella Europa, con rúas estreitas e circulares que sobresaen na cuadrícula perfecta da arquitectura porteña, o que lle valeu o sobrenome de labirinto.

Hoxe Galicia segue moi presente para os Chas a pesar do paso das xeracións.

A esta familia de filántropos que doaron parrte do seu patrimonio quédalles agora a honra do paelido e grandes historias que contar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí