O aparcamento ferrolán de Sánchez de Aguilera volver xerar queixas de usuarios
O terreo ante o que foi cuartel Sánchez de Aguilera en Ferrol é un aparcamento municipal valorado pola súa situación e gratuidade, pero tamén motivo de queixas polo mal estado do pavimento con po en tempo seco e lama cando chove, fochancas continuas e ademais, con desorganización no estacionamento.
Varios usuarios e usuarias do aparcamento destacan diversos inconvenientes que ten esta zona de aparcamento, como as fochancas, sobre todo a grande da entrada e o mal aparcados que están moitos coches, entre outros inconvenientes.
Polo concello de Ferrol pasaron distintas formacións de goberno, lembran algúns, e este espazo non mellorou. O argumento é que son terreos de Defensa sobre os que o concello non ten aínda uso pleno. A asociación de veciños lembra a súa frustrada iniciativa para ordenar este espazo.
Luis María Taboada, vicepresidente da Asociación de Veciños A Madalena, di que "fixemos unhas pezas de formigón, puxemos cintas, pintamos...pero como non había valado, a xente tirou con todo e desistimos da idea. Ten que ser asfaltado e pintado. O que pasa é que o Concello di que non poden facer iso, porque non é legalmente municipal. Levamos así vinte anos".
Quen viven no edificio de enfronte tamén expresan os seus motivo de queixa. "É desastroso o po, o ruído, o botellón e os trompos que fan pola noite polo aparcamento", di Carmen Cajigao, presidenta da comunidade de veciños do 54.
Conclúe a representante da comunidade que tal como está este útil aparcamento é tamén unha fonte de queixas diversas.