CRTVG

Buscar

Aberto o aparcadoiro da Intermodal de Ourense

Publicado o 10/08/2021 21:02

Xa está aberto o aparcadoiro subterráneo da estación intermodal de Ourense. Hoxe recibiu os primeiros turismos desde primeira hora. A súa construción enmárcase dentro dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento, Adif, a Xunta e o Concello de Ourense para o desenvolvemento da futura estación intermodal.

O investimento total do proxecto ascende a 5 millóns e medio de euros.




 

Noticias web

10/08/2021