CRTVG

Buscar

O antigo Portamarín outra vez á vista

Publicado o 13/09/2017 20:50

Esta é a imaxe que nos deixa o encoro de Belesar cando o nivel da auga é baixo. Algo que acontece estes días por mor da seca.

Podemos ver o antigo Portomarín. A vella ponte, as pesqueiras das anguías ou restos de muíños son algúns dos elementos que saíron á superficie. Un atractivo engadido para esta zona do Camiño Francés, e ademais un motivo de nostalxia para algúns veciños daquelas aldeas, asolagadas coa posta en marcha do encoro de Belesar, e que tiveron que abandonar hai 54 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017