CRTVG

Buscar

O antigo corredor do Morrazo reduce a cero a sinistralidade desde que foi reconvertido en autovía

Publicado o 09/11/2020 15:36

A autovía do Morrazo pasou de ser un corredor mortal a sumar cero vítimas dende que foi reconvertida na AG-46.

A autovía entre Vigo e Cangas estabilizou o tráfico e, como se esperaba, asumiu a maior parte da circulación entre ambos os dous lados da ría cun pico máximo de 22.500 coches o pasado mes de xullo. Xa no inverno, o habitual é que pasen por ela uns 14.000 coches ao día. 

Esta AG-46, antes coñecida como corredor do Morrazo, tiña un tráxico índice de sinistralidade antes de reconverterse en autovía. Nos doce anos anteriores rexistrou once mortos e 86 feridos graves, mentres que dende 2018 non houbo falecido ningún.

De feito, nos dous anos que leva aberta esta, entre Vigo e Rande, só houbo 10 accidentes, con só un ferido leve.

Noticias web

09/11/2020