O antigo cámping de Oia rehabilitarase como espazo para os cidadáns
Publicado o 02/10/2020 16:52
O Concello de Oia adquire novos terreos dentro do seu plan de rexeneración ambiental. A Xunta de Galicia colabora coa iniciativa que converterá esta parcela do antigo cámping nun espazo para os cidadáns.
Vanse rehabilitar as construcións existentes e unha paisaxista será a encargada da posta en valor desta contorna. O vicepresidente da Xunta e a alcaldesa do municipio visitaron o terreo.