CRTVG

Buscar

O anteproxecto de lei de protección animal prevé a prohibición da venda de mascotas en tenda

Publicado o 18/10/2021 20:26

Nin cans, nin paxaros, nin roedores nin gatos. Todos os animais de compañía, agás os peixes, poderían desaparecer das tendas de mascotas coa futura norma de protección animal que prepara o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Nas tendas temen que, se non os venden eles, o mercado ilegal medre. Non o entenden así os defensores dos dereitos dos animais.

Para os animalistas a prohibición da venda en tendas reduciría a cifra de 25.000 mascotas abandonadas ao ano en Galicia.

Pero o sector defende a regulación fronte a prohibición.

O anteproxecto de lei é, polo de agora, un borrador. Aínda deberá pasar polo Consello de Ministros para a súa tramitación nas Cortes.

Noticias web

18/10/2021