CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O anteproxecto da lei do solo marca como principal obxectivo protexer a paisaxe e loitar contra o feísmo

Publicado o 10/10/2014 14:46

Esta lei era un dos principais compromisos do Goberno de Alberto Núñez Feijóo xa dende a primeira lexislatura

E hoxe, por fin, o documento está listo para sometelo á información pública. Segundo o presidente, a norma ten como principais obxectivos protexer a paisaxe, actuar contra o feísmo e frear a dispersión. O anteproxecto da lei do solo pretende, segundo a Xunta, actuar con contundencia contra o feísmo. A administración poderá obrigar os propietarios a que rematen edificacións inacabadas. No caso de incumprimento, poderán impoñerse multas de ata 10.000 euros. Créase, ademais, un rexistro de predios e construcións en ruínas que será obrigatorio en concellos de máis de 50.000 habitantes. A inscrición no rexistro implicará a venda forzosa do inmoble e obrigará os compradores a retomaren as obras. O anteproxecto tamén favorecerá a rehabilitación de construcións en zonas rurais. Outro obxectivo é axilizar o planeamento urbanístico dos concellos. Simplificaranse os trámites administrativos para reducir de 6 a 3 anos o tempo medio de redacción dos plans xerais de ordenamento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí