O ano 2017 pecha coa menor cifra de vítimas de tráfico na historia de Galicia
Publicado o 12/01/2018 21:13
Desde o ano 2000, en que morreron nas estradas galegas 380 persoas, ata 2017, en que esa cifra se reduciu ata 76, pasaron moitas cousas. A Garda Civil incrementa os controis: en 2017 fixéronse 4.200.000 de velocidade, 800.000 de alcolemia e 8.300 de drogas. Os condutores vanse concienciando máis, pero tamén con grandes eivas.
O 81% dos accidentes dos que saen as 76 vitimas mortais produciuse en estradas convencionais, sendo o tipo de accidente máis común a saída de vía, seguido pola colisión frontal. Dos 76 falecidos, 10 foron peóns atropelados en vías interurbanas e 14 usuarios de motocicleta.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí