CRTVG

Buscar

O ancián raiacoches de Vigo está capacitado para responder polos danos, segundo os forenses

Publicado o 07/06/2019 13:51

Os forenses declaran o ancián raiacoches de Vigo capacitado para responder polos danos en máis dun cento de coches.

O octoxenario do Calvario ten un total de 5 causas abertas por raiar vehículos e obstruír as pechaduras con escarvadentes. A próxima semana terá que afrontar varias citacións no Xulgado do Penal.

O pasado mes de febreiro suspendérase a primeira causa, á espera do informe psicolóxico que debía determinar se o ancián tiña capacidade de comprensión e entendemento para acudir aos xuízos. O xulgado xa recibiu o informe forense e terá que comparecer.

Noticias web

07/06/2019