CRTVG

Buscar

O ancián que sufriu un asalto violento en Ribadeo podería recibir a alta este luns

Publicado o 14/05/2018 13:57

Hoxe pode que lle dean a alta xa, ao home de 82 anos ao que asaltaron na súa casa de Ribadeo esta fin de semana. O ataque ten a veciñanza indignada, e preocupada. Din que falta seguridade na zona.

Indignación en Reme de Arriba, o lugar da parroquia ribadense de Covelas onde un ancián de 82 anos quedou ferido no asalto que sufriu na súa propia vivenda. Tras o acontecido, os veciños din estar preocupados pola seguridade na contorna. 

O octoxenario recibira unha malleira e fora golpeado na cabeza coa cota dunha brosa. Os atacantes esixíranlle cartos coa escusa de que quedaran sen combustible no seu vehículo. Tras pasar a fin de semana no hospital da Costa, prevese que a vítima do asalto reciba a alta hoxe mesmo. 

A Garda Civil está a investigar a identidade dos autores destes feitos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2018