O Amfiv aspira a conseguir un segundo título europeo
Publicado o 25/04/2019 18:00
Vigo, 30 de abril de 2017. O Amfiv gañaba o primeiro título europeo da súa historia. Case dous anos despois loitará por repetir esta imaxe.
Repite o Amfiv tamén como organizador e anfitrión pero sobe o nivel deportivo.
Tres equipos turcos, un británico, un italiano, un austríaco e un israelí pelexarán cos vigueses por ser o campión da Euroliga 3.