O alumnado de infantil, primaria e educación especial comeza un novo curso escolar
Hoxe comezou o curso en Galicia para preto de 200.000 escolares de infantil, primaria e educación especial. Son un 0,6 por cento menos ca o ano pasado. O vindeiro luns será a vez do alumnado da Formación Profesional, secundaria e ensino universitario, que en total suman outros 400.000 estudantes. Hoxe nos centros escolares vivíronse escenas de todo tipo. Ás portas recollemos opinións do máis diverso.
A costa de setembro pode facerse realmente dura á hora de afrontar os gastos do inicio do curso: roupa, calzado, material escolar e libros de texto. Comparar prezos, facer listaxes do que se ten e do que realmente se precisa ou aproveitar descontos son algúns dos consellos que dá a Organización de Consumidores e Usuarios, OCU, para poder aforrar, aínda que cada familia bota man dos seus propios trucos. Inciativas como os bancos de libros, que xestionan os centros ou as asociacións de nais e pais, son fonte de aforro para as familias. Cada vez máis familias súmanse á reciclaxe de roupa, libros ou material escolar.
Para evitar gastos innecesarios e evitar tentacións, a OCU propón os pais non ir acompaños polos rapaces cando vaian mercar.