CRTVG

Buscar

O alugueiro de vivenda en Galicia subiu un 30 % en 5 anos

Publicado o 18/02/2021 21:34

O estudo conclúe que o prezo da vivenda de alugueiro subiu en Galicia un 34 % en cinco anos, e un 17 % nunha década. Este portal inmobiliario analizou os prezos que alcanzaron as vivendas nos meses de decembro de cada ano. Así, en decembro de 2015 alugar unha vivenda de 80 metros cadrados custaba unha media de 430 euros ao mes, mentres que en 2020 o prezo subiu ata os 580 euros mensuais.

Con todo, Galicia non é unha das nove comunidades onde o ano pasado os alugueiros alcanzaron os máximos da burbulla inmobiliaria.

Noticias web

18/02/2021