O Alondras, fundado hai 90 anos, vive un momento histórico
Publicado o 07/06/2019 18:10
O Alondras, club de Cangas do Morrazo fundado no 1928. Estreou campo hai 90 anos cunha muller facendo o saque de honra. E décadas e décadas despois vive o momento de maior gloria deportiva: segunda temporada seguida nunha fase de ascenso a segunda B, quinta na súa historia. E todas con Luis Guimeráns como presidente.
Para conseguilo tería que superar aínda dúas eliminatorias, a primeira co Portugalete, e superar tamén os atrancos económicos. O Alondras, e o seu presi, ante un desafío histórico.