O Alondras e o Bergantiños continúan na loita polo ascenso; o Compostela queda fóra
Por subir continúan na pelexa o Alondras e o Bergantiños. Decepción na familia do Compostela. Este gol do filial do Alavés no minuto 92 eliminou os santiagueses. O Alavés xogaba con nove homes. O Compostela dominara toda a segunda metade. Tiña a clasificación no peto, pero este erro defensivo provoca a frustracion no Vero Boquete.
Bergantiños 5-Covadonga 0
O Bergantiños entrará hoxe no bombo tras golear ao Covadonga por 5-0 na casa, deixando o cómputo xeral da eliminatoria nun contundente 7-0.
A superioridade dos de Carballo foi absoluta e tralo temperán gol de Ekedi, sentenciaron no segundo tempo cos tantos de Diego Fernández de penalti, Agulló en dúas ocasións e Cano. Mellor non lle puido ir a eliminatoria aos de Miguel Figueira que á terceira queren que sexa a vencida.
Mensaxeiro 1-Alondras 1
Avanza tamén o Alondras tras empatar na Palma co Mensaxeiro. Álex igualou a eliminatoria para os canarios no minuto 53. Pero só seis minutos despois, Aitor Díaz volvía marcar un gol decisivo para o seu equipo.
Alondras e Bergantiños coñecerán os seus rivais a partir das catro e media.