O Almería demostra o seu poderío diante do Rotogal Boiro (3-0)
Publicado o 17/01/2021 14:59
Na Superliga de voleibol, o Rotogal Boiro afrontaba onte unha das saídas complicadas, á pista dun dos galos da categoría, o Unicaja Costa de Almería. O equipo galego non puido sacar ningún set de alí.
Perdeu por tres a cero, pero o certo é que estivo á altura nas tres mangas, caeu por 25-21, 25-20 e 25-19. Os de Boiro rematan a xornada no noveno posto, con dezaoito puntos.