CRTVG

Buscar

O almacén central do Sergas permite aforrar vinte millóns de euros ao ano

Publicado o 25/06/2019 12:09

O Sergas ten unha plataforma loxística en que centraliza o almacenamento e distribución de todo o material da sanidade pública. A nosa comunidade foi pioneira na posta en marcha dunha sede central de subministracións hai xa sete anos. Isto permite unha redución de custos operativos e dos prezos de compra, o que supón un aforro de 20 millóns de euros cada ano.

Neste centro loxístico de Negreira dispoñen de produtos sanitarios, de laboratorio e farmacéuticos. En total, 45.000 tipos de produtos distintos, incluído o material non sanitario. A plataforma ten unha zona de frío e un sistema de control de caducidades e funciona as vinte e catro horas todos os días do ano.

Nun ano, recepciona case medio millón de pedidos e realiza dous millóns e medio de entregas aos centros hospitalarios, de atención primaria e residencias sociosanitarias. Ademais, o ano pasado foi distinguida co premio ao desenvolvemento da xestión loxística na categoría hospitalaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019