CRTVG

Buscar

O Alcoiano dá a badalada e elimina o Real Madrid da Copa cun xogador menos

Publicado o 21/01/2021 11:14

O Alcoiano deu a gran badalada da Copa do Rei ao eliminar o Real Madrid cun gol no minuto 115. Malia non xogar un bo partido os de Zidane parecían ter o partido baixo control co gol de Militão no minuto 43. 

Pero nos últimos minutos de encontro un gol de Solbes puxo un máis que sorprendente empate, en boa medida propiciado polo gran partido do vigués José Juan. O porteiro de 41 anos foi o heroe do seu equipo ao frear os ataques do Real Madrid. 

Na prórroga dominou o equipo branco, pero foi incapaz de marcar. Non o fixo nin contra dez, porque o Alcoiano quedou en inferioridade boa parte do tempo suplementario. E no 115, unha contra logo dun saque de esquina foi rematada por Juanan provocando o delirio no modesto conxunto local e dando a gran sorpresa copeira. 

Noticias web

21/01/2021