CRTVG

Buscar

O alcalde Xulio Ferreiro fala cos xogadores do Dépor para transmitirlles o seu apoio

Publicado o 14/03/2018 10:21

De volta a Galicia, o Deportivo afronta unha semana especial, decisiva. O equipo aférrase á Primeira e todos os apoios son importantes. Ata o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visitou onte o equipo. O rexedor local, deportivista confeso, quixo trasladarlle o seu apoio ao vestiario e arengalo a pelexar pola permanencia.

Tino Fernández garante a súa continuidade aínda que o club descenda

O equipo está centrado exclusivamente no partido do sábado ante As Palmas, e Tino Fernández despexa o seu futuro á fronte do club. O presidente, que remata o seu mandato en xaneiro de 2019, non contempla unha dimisión. Se o equipo descendera, seguiría á fronte da nave. Non convocará eleccións adiantadas e esgotará o seu tempo na entidade. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2018