CRTVG

Buscar

O alcalde socialista de Monforte quere poñerse á fronte da Deputación de Lugo

Publicado o 02/06/2019 20:25

José Tomé postúlase oficialmente para presidir a Deputación de Lugo. O alcalde en funcións de Monforte, e reelixido con maioría absoluta, di que o seu desexo é dirixir un tempo novo na insititución provincial.

O presidente en funcións da Deputación de Lugo e candidato á reelección, Darío Campos, declinou valorar hoxe para a TVG este paso adiante de José Tomé.

O secretario xeral do PSdeG non toma partido por ningún dos dous candidatos e di que a decisión en última instancia terana que tomar en Ferraz. Iso si, será a dirección galega dos socialistas a que lle traslade a proposta á dirección federal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/06/2019