O alcalde do Porto propón crear un 'Iberolux' con España e Portugal e pon a relación con Galicia como exemplo
O alcalde da cidade do Porto propón unha unión máis estreita entre España e Portugal, poñendo Galicia como exemplo.
As declaracións chamaron moito a atención na prensa española e reábrese o debate de se os dous países deberían achegar aínda máis os seus lazos.
A idea de crear un estado ibérico sempre estivo aí. Pessoa, Saramago, Unamuno ou Ortega y Gasset defendían este irmandamento, que, coa chegada da Unión Europea e a creación das eurorrexións, pois viuse cumprido en parte. O alcalde do Porto, Rui Moreira, propón que se vaia máis alá e se afonde nas relacións económicas e sociais e crear o que el chama 'Iberolux', un nome inspirado na unión aduaneira que levaran a cabo Bélxica, Holanda e Luxemburgo antes da Unión Europea. Para Rui Moreira, por exemplo, na fronteira con Galicia xa non se diferencia onde empeza un país e acaba o outro e celebra que as desconfianzas e os estereotipos do pasado xa non existan. As súas palabras causaron forte impresión na prensa española e portuguesa. Unha enquisa recente desvelaba que o 40% dos portugueses verían con bos ollos unha unión dos dous países.