CRTVG

Buscar

O alcalde de Vilanova anuncia unha querela contra Carmela Silva por malversación

Publicado o 11/10/2018 20:07

Guerra aberta entre o alcalde de Vilanova, do Partido Popular, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, do PSOE.

Gonzalo Durán responde á querela que presentou Carmela Silva na súa contra. E anuncia outra, polo penal, por malversación de fondos públicos.

Durán acusou esta mañá en conferencia de prensa a presidenta da Deputación pontevedresa de desviar cartos. Arroupado polos alcaldes do PP, asegura que trinta millóns de euros destinados aos pequenos concellos remataron no de Vigo, que goberna con maioría absoluta o tamén socialista Abel Caballero.

Carmela Silva responde que vai ampliar a súa denuncia. Argumenta que Gonzalo Durán pretende ocultar con este paso xudicial as súas declaracións, que cualifica de machistas. Á espera dun novo enfrontamento político, os xulgados dirimirán agora as querelas de Durán e Silva.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018